skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O BNG VOTARA EN CONTRA DOS ORZAMENTOS DE VILAGARCIA PARA ESTE ANO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno local de Vilagarcía levará ao pleno de mañá a súa proposta de orzamentos para este ano que ascenderá a 27,6 millóns de euros, un 1,12 % máis que o ano pasado. Para o executivo municipal é un orzamento de transición e continuista por tratarse dun ano electoral e a súa previsión é que entre en vigor a finais de agosto. Desta volta, dada a maioría absoluta da que dispón, o grupo de goberno xa non necesitará o apoio de ningún grupo da oposición. Dende o BNG xa anunciaban esta mañá que votarán en contra “despóis da fraude que suposo dar o seu…

Read the full description

apoio ao goberno socialista nos últimos dous anos”, segundo sinalaba a portavoz nacionalista Lucía Veloso. “Entendemos que eles non cumpriron co seu compromiso, non só con nos, senon con todas as persoas e colectivos que nos demandaban a execución das partidas que puxemos enriba da mesa”, argumentou. Ademáis, Lucía Veloso asegurou que o BNG “non entende esta nova actitude de falta de diálogo” do grupo de goberno e criticou a escasa documentación trasladada polo executivo socialista sobre a proposta orzamentaria.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.