skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CIGA CONVOCA UNHA CONCENTRACION O MARTES ANTE EXTRUGASA A RAIZ DO ACCIDENTE DA PASADA SEMANA

A raíz do tráxico accidente laboral acontecido o pasado venres nas instalacións de Extrugasa en Valga, o sindicato CIG convoca unha concentración o vindeiro martes ás 12 do mediodía ás portas da factoría exixindo que tanto Inspección de Traballo como a lexislación sexa máis severa co fin de eliminar os accidentes laborais con resultado de morte. I e que, segundo o sindicato nacionalista, pese a diminución da actividade industrial os accidentes laborais con consecuencia mortal se veñen incrementando nos últimos anos. Concretamente, os datos do Ministerio de Traballo revelan que en Galicia 42…

Read the full description

traballadores faleceron no 2014 ata o pasado setembro. As causas, segundo a CIG, son as últimas lexislacións laborais que incluen desregularizacións dos horarios e aumento da temporalidade. A elo se unen factores como o medo a perder o traballo ou o cansancio acumulado nos operarios nos últimos días da semana. Circunstancias que, para a CIG, axudan a entender o que ocorreu en Valga. Así o expresaban esta mañá en rolda de prensa Jon Barturen, secretario da federación industria da CIG e Marcos Conde secretario comarcal.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.