Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O grove e sanxenxo, polos turisticos intelixentes
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía Os concellos de O Grove e Sanxenxo impulsan un ambicioso proxecto para mellorar a súa oferta turística e revalorizarse como destino. Trátase do proxecto Polos Turísticos Intelixentes, unha iniciativa na que comezaron a traballar hai tres anos e que conta co respaldo do Estado, a través de Seggitur. A proposta, amparada pola Mancomunidade do Salnés, está valorada en 1,5 millóns de euros e será financiada nun 60% con fondos europeos. Os restantes 600.000 euros serán aportados por ambos concellos. A Mancomunidade abre agora o proceso de licitación coa idea de que o…
Read the full description
programa se implemente no prazo de dous anos. O proxecto implicará unha ducia de actuacións que redundarán en beneficio das administracións, dos visitantes e da veciñanza de cada municipio. Por exemplo, complementaranse os servizos Wifi coa creación de puntos de acceso e melloras da conexión gratuita. Asimesmo, establecerase un control de afluencia de praias a través dunha App móvil que, ao tempo, será unha canle bidireccional entre a administración municipal e os veciños ou turistas. Tamén se incluirá un sistema de videovixiancia e monitorización para reforzar a seguridade cidadá e un aparcamento intelixente que, a través de pantallas e a propia aplicación, informará aos usuarios sobre zonas de aparcamentos e prazas dispoñibles. Ademáis, o proxecto de Polos Turísticos Intelixentes complementarase cun sistema de aluguer de bicicletas e un portal web turístico propio. Os alcaldes de Sanxenxo e o Grove, Telmo Martín e José Antonio Cacabelos, acompañados do xerente da Mancomunidade, Ramón Guinarte, e o representante da empresa redactora do proxecto, Manuel Veloso, presentaron esta mañá, no Club Náutico de Sanxenxo, os pormenores da iniciativa que "marcará un antes e un despóis" na promoción e funcionamento dos servizos turísticos en ambos municipios.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.