Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CONSELLEIRO E ALCALDE FIXERON OFICIAL A CESION DO USO DO ALBERGUE DURANTE O RESTO DO ANO
O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o albergue xuvenil de As Sinas, en Vilanova, acompañado polo alcalde, Gonzalo Durán, para facer oficial a cesión do uso do albergue durante o resto do ano, e comprobar as actividades que se están desenvolvendo no campamento no que participan un total de 620 rapaces durante os meses de verán. Na súa visita a As Sinas, Rey Varela, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Xuventude, destacou a calidade da programación de ocio educativo e tempo libre para a mocidade que desenvolve a Xunta de Galicia ao abeiro…
Read the full description
da Campaña de Verán 2016. En canto á Campaña de Verán, o conselleiro dixo que “Galicia ofrece aos rapaces e rapazas e ás súas familias numerosos e variados recursos de conciliación estival no marco dunha programación de ocio activo e formativo de primeiro nivel”. Así mesmo, subliñou a importancia destas actividades de verán porque “contribúen á difusión de valores como a participación, o compañeirismo, o traballo en equipo ou o respecto do medio ambiente”. No caso do campamento das Sinas, un total de 120 mozos e mozas de entre 13 e 15 anos están a participar nesta actividade, dos cales 50 proceden dun intercambio con Extremadura. Por este albergue pasarán entre xullo e agosto un total de 620 rapaces que durante a súa estadía realizarán actividades vinculadas ao mar e ao deporte na praia, como vela, táboa, piragua, kaiak polo, snorkel, skimboard ou volei praia. Escoitamos as declaracións do conselleiro, Jose Manuel Rey Varela, do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o teniente de alcalde de Vilanova, Javier Tourís, en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.