skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CRUCE DE ACUSACIONS POLO CONFLICTO DA RESIDENCIA VALLE INCLAN

O que parecía que ía ser unha certa colaboración entre o Concello de Vilanova e a CIG, a pesar das súas diferencias, no conflicto da residencia Valle Inclán truncouse esta mañá. As ex traballadoras do xeriátrico decidiron abandonar o peche que mantiñan dende onte no salón de plenos do concello, despois de que o alcalde Gonzalo Durán non admitira a presencia das afectadas na rolda de prensa habitual dos venres. As ex-traballadoras quixeron aproveitar a presencia dos medios de comunicación no concello e interrumpiron a comparecencia, entre berros e pancarta en man. A situación provocou o enfado…

Read the full description

do alcalde que lles exixiu a saída do despacho onde se estaba celebrando a rolda de prensa, requerindo a presencia policial. Ante esa reacción do rexedor, as ex-traballadoras e as suas representantes sindicais optaron por abandonar as instalacións da Casa Consistorial e convocar unha asemblea para decidir de qué xeito continuarán a súa protesta en demanda dunha entrevista coa Conselleira de traballo e Benestar, Beatriz Mato. O sindicato CIG recrimina ó alcalde que non fixera máis que mandar un correo electrónico nas xestións para conseguir a tan ansiada entrevista con Beatriz Mato. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollímos os sons do que aconteceu.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.