Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VARELA INSTA AO PP A DESVELAR AS PARCELAS PARA O NOVO CENTRO DE SAUDE
#municipais26m Alberto Varela desbota as propostas do PP de Vilagarcía sobre o centro de saúde. Para o candidato socialista, a opción popular de ampliar o actual centro de saúde de San Roque cara o cuartel da Garda Civil, toda vez que éste se trasladaría aos terreos de Fontecarmoa, non é viable debido á falta de accesibilidade do entorno. Polo tanto, Varela anima aos populares a que desvelen cales son as dúas parcelas que según eles, terían xa o visto bo de técnicos da Xunta para crear o novo ambulatorio. En todo caso, Alberto Varela insiste en que non hai mellor ubicación que a da antiga…
Read the full description
Comandancia, tal e cómo leva defendendo durante todo o seu mandato. Neste sentido, e coa nova situación política no Estado, Varela comprométese a falar con Madrid para desbloquear a situación e buscar unha solución que permita a creación dun novo Centro de Saúde, eso sí co compromiso firme e por escrito da Xunta de que realizará as obras.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.