
23 decembro, Actualidade Mediodía
No informativo de hoxe contamos que a Administración de Lotarías da Estrada repartiu máis de 300.000 euros no Sorteo de Nadal, quedándose a tan só un número dun quinto premio. Falamos tamén da remodelación do albergue de Sabucedo, cuxas obras o Concello prevé contratar no mes de xaneiro. Na axenda cultural, hoxe temos cita no Teatro Principal co Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, e mañá, tras o tradicional Mercado de Nadal, chegará á Estrada a visita máis esperada: Papá Noel. En comarcas, Moraña anuncia unha residencia pública, Cuntis recibe o circuíto +Escénicas coa obra Superhéroe…
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.