Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CONSELLERIA DE MEDIO RURAL MELLORARA 5 KM DE VIAS RURAIS NO ULLA UMIA
A Consellería de Medio Rural mellorará 5 kilómetros de vias rurais nos concellos que integran a Mancomunidade do Ulla-Umia -Caldas, Valga, Pontecesures, Portas e Moraña- cun investimento de máis de 318 mil euros. As obras, que se integran no Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/14, permitirán executar traballos de recuperación de vías rurais de comunicación e acceso a fincas e explotacións. Os traballos iniciaranse na primavera de 2014 para estar rematados antes do 30 de xuño. Nestes momentos o proxecto está en fase de información ós concellos, que serán os que…
Read the full description
contraten as empresas que executarán as actuacións. As cifras en detalle por concellos son: Caldas de Reis investirá 48.727,91 euros para a pavimentación do entorno do cemiterio desta localidade. Catoira destinará 39.553,09 euros para a mellora da pista de Baral, Gondar, Portocanles e Vila de Suso. Cuntis levará a cabo a reforma de camiños rurais no lugar da Sobreira por un importe de 59.822,40. En Moraña, destinaranse 43.953,86 euros para a pavimentación de o vial situado entre os lugares de San Martiño e Pallota. En Portas investiranse 46.102,94 euros para o asfaltado de camiños en Romai-Vello e Tarrio. Pontecesures, pola súa banda, levará a cabo obras de ampliación e mellora dos camiños de Rúa Forneiras, Souto, Fontaíña e Condide por un total de 37.776,84 euros. Finalmente, o concello de Valga investirá 42.389,33 euros para a mellora dos camiños de Desabanda e Lavadoiro e Casal do Irigo e O Forno. En total, 4,8 quilómetros de actuación nesta comarca. As obras deste Plan Marco foron presentadas esta mañá na sede da Mancomunidade do Ulla-Umia en Portas polo delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do presidente da Mancomunidade e alcalde de Portas, Roberto Vázquez, e o Xefe de Infraestructuras da Xunta, Julian Alvira. Con eles falabamos en directo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nesta entrevista de Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.