skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O POEMA DE CABANILLAS VENDIMA NO SALNES SERA A LETRA DA MUSICA OFICIAL DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO

Cambados quere ter unha música oficial da Cidade Europea do Viño 2017, que ademáis perdure no tempo, e por eso convoca un concurso co fin de seleccionar a melodía cuxa letra está xa escrita: será o poema de Ramón Cabanillas, Vendima no Salnés. A composición gañadora estrearase na Gala da Cidade Europea do Viño que se celebrará na segunda quincena do vindeiro mes de marzo, con data ainda por concretar. O prazo de presentación de orixinais está aberto e rematará o 3 de febreiro. O xurado estará composto por Pitusa Vidal Cabanillas, neta do poeta cambadés, o director do Conservatorio de…

Read the full description

Cambados, Luis Costa, o Concelleiro de Enoturismo, e tamén noutro tempo músico, José Ramón Abal, o escritor especializado en Cabanillas e membro da RAG Paco Fernández Rey, o pianista compostelán Maximino Zumalave, o músico e director da Banda de Castrelo e de Pontevedra, José Varela, e un técnico de Cultura do Concello ainda por determinar. O fallo do xurado darase a coñecer o 13 de febreiro. Establécese como premio unha dotación económica de 1.500 € para o gañador e outra de 500 € como 2º premio. De momento, xa hai varios candidatos que anunciaron a súa intención de presentarse, entre eles Manso e Amigos. Mentres tanto, o Concello está xa ultimando a presentación a vindeira semana da Cidade Europea do Viño en Fitur, onde estará presente dentro do stand de TurEspaña, TurGalicia e da proposta da Mancomunidade do Salnés. Detalles que explicaban esta mañá a alcaldesa, Fátima Abal, xunto con un dos membros do xurado, o músico Luis Costa, e o concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.