Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O REFUXIO DE VILAGARCIA, UN DOS MELLORES DE GALICIA SEGUNDO A CONSELLEIRA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Protectora de Animais de Vilagarcía recibiu esta mañá a visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, para coñecer de primeira man as instalacións e contribuír á difusión do "gran traballo que se está a realizar nelas”. Ademáis, aproveitou a ocasión para anunciar a nova convocatoria de axudas do seu departamento destinadas ao fomento das accións de protección animal. Serán 440.000 euros coas que se pretende apoiar o traballo destas entidades que tamén viven momentos complicados a consecuencia da pandemia. As dúas…
Read the full description
ordes de axudas estarán destinadas á compra de penso, ao microchipado e esterilización dos animais aloxados nos centros de recollida e os das colonias felinas e á compra de equipamentos e á realización de campañas de sensibilización por parte das asociacións protectoras. En palabras da Conselleira, o Refuxio municipal de Pinar do Rei é "un dos mellores de Galicia", tanto pola calidade das súas instalacións como pola labor que realiza a Asociación Protectora á que o Concello ten encomendada a xestión do servizo. A titular de Medio Ambiente foi recibida pola tenente de alcalde, Tania García, a concelleira de Benestar Animal, Matilde Laya, a presidenta da Protectora, Ángeles Cifuentes e directivos e persoal da mesma. Tras facer un percorrido polas mesmas e atender ás explicacións sobre o funcionamento e organización do servizo, a conselleira interesouse polas necesidades existentes e invitou aos responsables municipais e do colectivo a concorrer ás liñas de axudas que ofrece o seu departamento. Ángeles Vázquez visitou o refuxio acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.