skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

POLEMICA EN CAMBADOS POR UN CONCURSO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE POLICIA LOCAL

Polémica en Cambados pola próxima publicación no BOP da convocatoria, realizada polo Concello, dun concurso de oposición por mobilidade para cubrir o posto dun segundo mando na plantilla da policía local. O portavoz do PP Luis Aragunde, sospeita que se trata dun intento de “enchufismo” para que a praza sexa ocupada polo actual xefe de policía local, Adolfo Suárez Piñeiro, que desempeña o cargo en comisión de servizos, en sustitución do titular da plaza Maximino Cid, tamén de comisión de servizos en Ourense. Ademáis, Aragunde asegura que Suárez Piñeiro está actuando máis de “escolta e chofer”…

Read the full description

da alcaldesa que nas funcións do seu cargo. O PP considera que Cambados debería adherirse ao convenio entre a Xunta e a FEGAMP para cubrir as vacantes das plantillas a través da Academia Galega de Seguridade, tal como o está a facer o Concello de Vilagarcía. As críticas de Aragunde tiveron enseguida resposta por parte da alcaldesa. Fátima Abal asegura que Cambados non recibiu de momento o convenio entre a Xunta e a Fegamp e nega a acusación de “enchufismo” asegurando que a convocatoria que se publicará no BOP é un procedemento aberto a toda Galicia e por concurso de méritos. Asimesmo, a alcaldesa califica de “machista” a afirmación de que o xefe de policía estea actuando de seu “escolta e chofer”, e exixe ao PP que explique a procedencia da información sobre as bases do concurso cando todavía non foron publicadas no BOP. Declaracións de ambos que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.