Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PP DO SALNE CELEBRA A SUA CEA DE NADAL COA PRESENCIA DE FEIJOO E ENTRE CRITICAS DO PSOE
O Partido Popular do Salnés celebrará en Vilanova a súa cea de Nadal. Será mañá, ás 21.30 horas no pavillón municipal, e está prevista a asistencia de 1.300 persoas coa presencia de altos cargos do PP, como o presidente da Xunta. Unha celebración que levantou as críticas do PSOE de Vilanova pola utilización de medios e operarios do concello na preparación do pabillón nun evento político. En contestación, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, aseguraba esta mañá que "é algo totalmente normal cando se vai celebrar un evento, sexa do PP, dos grupos da oposición, ou de calquera outro colectivo…
Read the full description
que solicite unhas instalacións municipais,". Os socialistas califican de "grave" a utilización de maquinaria e persoal municipal, que "se converteu nun hábito no concello de Vilanova de Arousa, xa que recentemente denunciaron o mesmo, pero nunha festa privada dun furancho de Baión". Lamentan este tipo de actuacións, xa que aseguran que "se están a utilizar medios persoais e económicos de todos os vilanoveses para facer unha cea partidista, polo que o alcalde, Gonzalo Durán, debería dar unha explicación, sobre todo por gastar o diñeiro nestas cousas mentres ten o concello empeñado ata límites insostibles". Tamén reclaman explicacións sobre o gasto que vai supoñer a utilización do pavillón "sen pagar ningún tipo de aluguer ás arcas do Concello". No próximo pleno teñen previsto presentar unha batería de preguntas sobre "este asunto.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.