skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VARELA AGARDA O RESPALDO DOS GRUPOS DE ESQUERDA AOS SEUS ORZAMENTOS

O grupo de goberno de Vilagarcía e a oposición reúnense esta tarde para analizar a proposta de orzamentos para este ano ultimado polo equipo de Alberto Varela e as aportacións realizadas polos demáis grupos da corporación. O PP e Somos facían públicos nas últimas horas os principais puntos das súas suxerencias e dende o equipo de goberno, o alcalde, Alberto Varela, concretaba esta mañá a súa proposta definitiva. Son 27 millóns de euros nuns orzamentos que considera “equilibrados e realistas, cumplindo co plan de axuste ao que está sometido o Concello”. Segundo o rexedor, no documento final…

Read the full description

están integradas varias propostas plantexadas polo BNG, ainda que con partidas orzamentarias diferentes e agarda o respaldo dos grupos de esquerda. Así o explicaba Alberto Varela nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na sala de Xuntas do Concello, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA. E dende a oposición, o PP presentará unha vintena de aportacións. Entre elas, a reorganización da xerencia de Urbanismo, o control e optimización das horas extra, que o 33% dos fondos Feder sexa xestionado pola oposición, a ampliación da depuradora ou a creación dun aparcamento na praza de abastos. Pola súa banda, dende Somos proponse a ruptura do Pacto de Cidade entre o grupo de goberno e o PP, a remunicipalización de servizos externalizados, unha comisión específica para concretar os proxectos dos fondos Feder ou o establecimento duns orzamentos participativos.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.