skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O edil de pode segue sen aclarar a sua continuidade no goberno de cambados pero si acudira ao pleno de hoxe.

A corporación municipal de Cambados celebra esta noite o pleno correspondente o mes de novembro, aplazado pola ausencia de dous concelleiros do equipo de goberno. Un dos ausentes a pasada semana era o edil de Cambados Pode, José Ramón Abal, que se encontraba de viaxe en Bruxelas e que anunciaba esta mañá que sí acudirá á sesión plenaria de hoxe. Abal non asistiu á reunión da comisión de seguimento do pacto de goberno do pasado venres e segue sen aclarar cal será a súa postura despois do chamamento ao diálogo realizado polos seus socios. De momento, o único que avanzou é que no pleno de hoxe…

Read the full description

pedirá o cambio de sitio no escano e que estará toda esta semana fora do Concello debido a unha nova viaxe promocional de Cambados. Así o decía José Ramón Abal nunha conversa cos medios Pola súa banda, os tres grupos de goberno restantes, PSOE, BNG e SOMOS, emitían un comunicado conxunto ao remate da reunión da comisión de seguimento. As tres forzas aseguraban que “seguirán traballando coa firme vontade de manter a unidade de goberno ata o remate do mandato municipal” e sinalaban que “nestas dúas xuntanzas se produciron avances significativos na diagnose da situación municipal e das melloras a implementar”. Asimesmo, resaltaban que “o pacto de goberno segue vixente na súa redacción inicial, manifestando o decidido compromiso de seguir traballando no seu cumprimento”. Por último, facían un chamamento a Cambados Pode “a sentarse a retomar o diálogo pola continuidade do goberno municipal na súa actual configuración”.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.