skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS E RIBADUMIA PROMOVEN NOVAS MELLORAS NOS POLIGONOS DO SALNES

Cambados e Ribadumia únense para realizar melloras nos polígonos do Salnés. Ambos gobernos redactaron un proxecto conxunto para solicitar da Xunta unha subvención de 180.000 euros e poder finalizar as actuacións xa realizadas e iniciar outras. En Cambados, o Concello pretende rematar a sinalización horizontal e vertical, dotar os viais con nomes de mulleres relevantes de Galicia, marcar os aparcamentos e crear unha senda dende a entrada do polígono Sete Pías ata o de Cabanelas mellorando a imaxe e a seguridade vial do entorno. En Ribadumia, as obras centraranse en finalizar as beirarrúas…

Read the full description

Como actuación conxunta, instalarase un totem led na entrada de cada parque coa información das empresas ubicadas. O importe solicitado para Ribadumia é de 103.000 euros e para Cambados 76.000 euros. Unha vez conseguida a subvención, as obras terán que estar rematadas antes do 15 de outubro. Os detalles explicábanos os Concelleiro de Cambados e Ribadumia, Xurxo Charlín e Enrique Oubiña, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.