Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PSOE DE A ILLA ORGULLOSO DOS INVESTIMENTOS DA DEPUTACION
#elecciónsmunicipais26m O Partido Socialista de A Illa de Arousa amósase orgulloso dos investimentos da Deputación de Pontevedra no municipio nesta lexislatura e así o reflexa no seu programa electoral. O alcalde e candidato á alcaldía, Carlos Iglesias, fixo balance esta mañá das achegas provinciais dos últimos catro anos comparándoas co investimento realizado na última lexislatura do PP. Segundo os seus datos, o goberno provincial presidido por Carmela Silva destinou á Illa de Arousa 4,6 millóns de euros, fronte aos 988.000 euros do PP. Un novo modelo de inversións “xusto e equitativo” que…
Read the full description
permitiu á Illa a execución dunha obra histórica, a rehabilitación das Casas Modernistas de Goday, Tomasa e Campanario, que se levan a metade das achegas socialistas, cun total de 2.6 millóns de euros. O resto repártese no acondicionamento da Escola de Pau, con 85.000 euros, a recuperación da Praza do Portiño, con 74.000 euros, actuacións de pavimentación en Chasán e Testos, 89.000 euros, o Pozo de Abilleira, 31.000 euros, apertura de viais 50.000 euros, iluminación sostible 87.000 euros, cultura 58.000 euros e contratación de 37 traballadores por 367.000 euros.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.