skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CONCELLO DE CAMBADOS AMOSASE SATISFEITO ANTE O ÉXITO DE PÜBLICO NA FESTA DO ALBARIÑO AINDA QUE SE PLANTEA SE HAI MEDIO

A Festa do Albariño 2015 bateu todos os datos rexistrados, conseguindo que sexa a edición con maís xente e maís vendas de viño. Entre 250.000 e 275.000 persoas encheron as rúas de Cambados, 100.000 persoas máis que en 2014, o que ocasionou un abarrote nos servicios, que se viron desbordados durante o sábado multitudinario. As vendas de viño tamén aumentaron considerablemente, o que ocasinou que se esgotaran os cataviños, chegando a venderse 22.000 copas, 5.000 máis que en edicións anteriores. Segundo o cuatripartito cambadés, no seu afán porque a sede da D.O Rías Baixas se traslade a…

Read the full description

Cambados, “quedarse sen cataviños non houbese sido un problema se a sede do Consello Regulador estivese en Cambados, e non en Pontevedra, o que dificulta o envío de máis copas”. Un dos problemas maís importantes durante o Albariño foi o tráfico durante o sábado, que xerou caravanas de 5 km chegando incluso á rotonda da vía rápida, e tamén foi moi dificil acceder ó centro e sobretodo aparcar. En canto a limpeza, o operativo continúa coas labores de limpeza ainda que serán necesarios uns días máis para volver á normalidade. Nesta edición contratarónse 50 persoas para realizar estas labores e incrementaronse os aseos públicos. Os hosteleiros Cambadeses tamén se viron beneficiados pola cantidade de xente asistente ainda que en ocasións resultou moi complicado poder atender a todos os visitantes. Son datos dun balance que realizou esta mañá o grupo de goberno cambadés. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA escoitamos á Victor Caamaño, concelleiro de Cultura e a Xurxo Charlín, concelleiro de Economía.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.