Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A LOTERIA DE NADAL PREMIA CON 5,7 MILLONS A SANXENXO E CON 500.000 A VILAGARCIA
A fortuna de Nadal deixa máis de 5,7 millóns de euros en Sanxenxo, 500.000 en Vilagarcía e roza Meis. O quinto premio do 89.023 repartiu más de 5.760.000 euros en Sanxenxo a través dos 960 décimos que vendeu a administración de Lotería nº 1 ubicada na rúa Madrid. A gran parte dos décimos foron destinados á cafetería California, situada no paseo de Silgar, unha das máis frecuentadas por turistas e veciños. Cada décimo premiado recibe 6.000 euros. A sorte tamén se deixou caer en Vilagarcía. A administración da rúa Alcalde Rey Daviña repartiu 10 décimos do terceiro premio, o número 05.163, o que…
Read the full description
supón unha cantidade total de 500.000 euros, 50.000 para cada un dos afortunados. Seis dos premiados son clientes abonados, dos que compran lotería todo o ano, e os otros catro foron despachados en ventanilla. En Meis, en Vilanoviña, a sorte tamén rozou un ano máis ao bar Samuel. Aquí vendeuse un décimo do cuarto premio do número 71.119. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA os responsables das administracións afortunadas contábannos como disfrutaban o momento. Outro quinto premio recaeu en Noia. A Administración María Petisco repartiu un décimo vendido por máquina do 43.221 premiado con 6.000 euros. O gordo, que este ano foi algo máis tardío en sair, caeu no numero 79.140, que tocou integramente na localidade almeriense de Roquetas del Mar.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.