skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CONFRARÍA DE CAMBADOS CONTARÁ CUNHAS NOVAS INSTALACIÓNS NO PORTO DE TRAGOVE PARA A DESCARGA DE MOLUSCOS.

A confraría de Cambados será un dos primeiros pósitos da ría de Arousa en contar cunhas instalacións propias para a descarga de bivalvos e aspira a converterse no centro das subastas de marisco de toda a comarca. A nova nave multiusos que a Xunta comeza hoxe a construir no porto de Tragove supón a ampliación dos procesos e traballos que se realizan na lonxa o dotar ó porto de maís espazo para o tratamento dos moluscos. A infraestructura de 900 m cadrados estará lista en 8 meses e conta cun investimento de máis de 1.3 millóns de euros, dos cales o 75% proveñen de fondos europeos e o 25%…

Read the full description

restante por parte da Xunta. Nestas instalacións poderanse realizar traballos como o eviscerado e envasado da zamburiña. Ademáis, a nave tamén contará con sistemas de frío, zonas de almacenaxe e espazo para as subastas, o cal otorga ó pósito maior autonomía para regular o precio de peixes e mariscos. Dende a Consellería do Medio Rural e do Mar pretenden que nestas novas intalacións de Cambados se poida aunar a subasta de mariscos de toda a comarca. Tratase dun edificio moi agardado dende 2005 pola Confraría de Cambados, onde confían en que sirva para introducir novos productos no seu mercado e que xeren novas vías de ingresos. Son datos que ofrecía esta mañá a Conselleria do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana durante a visita que realizou esta mañá ó porto cambadés de Tragove para comprobar ó inicio das obras, coa presencia do alcalde de Cambados, Luis Aragunde, o Patron Maior, Benito Gonzalez, o Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán e o Delegado Territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. En AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA escoitamos as declaracións da Conselleira Rosa Quintana, do alcalde Luis Aragunde e do patrón maior Benito González que recolleu Alba Piñeiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.