Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MELLORAS EN CAMIÑOS DE MEIS PARA FIXAR A POBOACION NO RURAL
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Meis, José Luis Pérez, comprobaron esta mañá en Meis as obras executadas dentro do Plan Marco 2017-2018. Foi inha inversión de 68.000 euros que permitiu actuacións na mellora de camiños en Penente, O Pazo, Paiendes e Zacande. A obra consistiu na mellora dos firmes dos catro camiños incluídos no proxecto. No caso dos traballos en Paiendes, Zacande e O Pazo-Nogueiró de Abaixo, foi necesaria a revocación do firme anterior e a aplicación dunha capa de firme a base de…
Read the full description
aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor. No lugar de Penente, ademais da mesma obra, tamén foi necesario reformar os laterais que se atopaban en terra, abrindo caixas para posteriormente dotar ao camiño dunha base de zahorra artificial para a aplicación posterior de aglomerado en quente. Por outra banda, no presente ano, o concello de Meis está a executar melloras nos camiños de Arosa, Guimeráns e Talide, onde se investirá unha cantidade similar á adxudicada para 2017 e que permitirá levar a cabo unha intervención global ao longo de 1.120 metros. O obxectivo de todo elo é fixar a poboación no rural, tal como explicaban o delegado territorial, Cores Tourís, e o alcalde, José Luis Pérez.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.