Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CIM DE CAMBADOS CELEBRA O DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO CUNHA MESA INFORMATIVA
O Centro de Información á Muller (CIM) do Salnés, con motivo do Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero, instalou unha mesas informativas nos concellos que atende, Cambados, Meis e Ribadumia, na procura de asesorar ás mulleres respecto dos seus problemas e concienciar ás maltratadas para que dén o paso de denunciar a súa situación antes de que se agrave. As responsables do CIM levan atendido preto de 1.900 consultas no que vai de ano 2013, das cales contabilízanse 37 casos de mulleres que sufriron malos tratos e que precisaron tanto apoio xurídico como atención psicolóxica…
Read the full description
Neste aspecto o CIM detecta un repunte da conflicitividade en parellas mozas, así como nas familias con falta de recursos por mor da crise económica, que nalgúns casos deriva en consumo excesivo de alcol, e en rifas con abusos e malos tratos. Na estatística da área xurídica sobresaen as 291 consultas rexistradas en dereito civil, relativas a herencias, sucesións e nacionalidade, ademais das 200 solicitudes de xustiza gratuita por falta de recursos económicos. Na área de atención psicolóxica existe unha elevada demanda de atención por problemas familiares (126) e por problemas de parella (62). A situación emocional detectada foi de ansiedade en 80 casos, seguida da tristeza en 54 consultas, estrés en 41, angustia en 39 e bloqueo emocional en 15 casos. A maioría das persoas que refiren problemas psicolóxicos aceptan un seguemento do seu caso. A mesa informativa do CIM permaneceu instalada de 11 a 13 horas na praza do Concello de Cambados e igualmente en horario de mañá nos municipios de Meis e Ribadumia, ofrecendo folletos explicativos da igualdade de dereitos e dos problemas relativos á violencia machista que afecta a centos de parellas. No que vai deste ano rexistráronse 45 vítimas de violencia de xénero en toda España, mentres que en Galicia houbo dúas. A campaña deste 25N segue insistindo nun aspecto fundamental do problema, como é o da protección das maltratadas en todos os ámbitos da súa deteriorada relación, dende o apoio psicolóxico ata o cambio de réxime económico matrimonial. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA FALABAMOS con Mariña Varela, directora do CIM.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.