Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PODE PRESENTA UNHA MOCION EN DEFENSA DO ENOTURISMO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O grupo municipal de Cambados Pode presentará unha moción no pleno deste mes de xaneiro para instar ao Concello a que volva a instalar o letreiro de Cambados Cidade Europea do Viño 2017 na rotonda de Vilariño. A decisión do goberno local de reubicar o letreiro no Museo do Viño non convence a José Ramón Abal quen considera que se debería retranquear o cartel na rotonda, uns traballos que terían un custe de 1.500 euros e xa tiña previstos durante a sua etapa como edil de obras pero que quedaron sen adxudicar. Ademáis Cambados Pode pide ao concello que…
Read the full description
rehabilite o portal web oficial de CambadosEnoturismo.com, que formaba parte dun proxecto de GDR O Salnés financiado con fondos europeos e que poderían perderse. Tamén solicita que se instalen máis letreiros promocionais de Cambados e que se continúe coa petición da autorización para poñer un deles na AP-9 na saída de Curro. Unha moción, segundo José Ramón Abal, en defensa do interese xeral e enoturístico de Cambados e que se debaterá no vindeiro pleno do 30 de xaneiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.