Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Cambados solicita a portos unha prorroga da concesion do salon peÑa ata a modificacion da deup
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno municipal de Cambados solicitou a Portos de Galicia unha nova concesión do Salón Peña ata que se modifique a vixente Delimitación de Usos Portuarios e non desbotan recurrir á vía contenciosa si non se soluciona a situación. Sin embargo, Portos de Galicia enviou un escrito por rexistro ao Concello no que indica que se poderá utilizar o Salón Peña sempre que se solicite un permiso especial para cada actividade que se realice nas instalacións. O Concello considera que é unha "incongruencia" que se teña que pedir permiso para os actos de Peña…
Read the full description
cando tamén se están utilizando outros espazos portuarios como o Paseo da Calzada ou o paseo marítimo para a celebración de actividades de ocio. En todo caso, segundo a alcaldesa, Fátima Abal, "o Concello de Cambados non vai quedar de brazos cruzados" polo que procederá a pedir unha nova concesión do Salón Peña. De non ser aceptada, presentarán un recurso de reposición e mesmo chegarían á vía xudicial cun contencioso administrativo. O edil de economía Xurxo Charlín tampouco descarta a posibilidade de reclamar ante portos de Galicia os cartos de fondos municipais investidos na remodelación do Salón Peña. Ademáis, solicitan a Portos de Galicia que resolvan canto antes o Plan Especial e a desafectación dos terreos que solicitou o Concello hai seis anos. A alcaldesa, Fátima Abal, o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, e o Concelleiro de Obras e Servizos comparecían hoxe para avaliar a situación creada trala decisión do organismo portuario de non renovar a concesión das instalacións.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.