skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ESCUDO DA ILLA XA FIGURA NO MURAL DO PAZO PROVINCIAL

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de A Illa de Arousa escenificaron hoxe a posta do escudo deste concello xunto aos 61 concellos do resto da provincia que se atopan na escalinata de acceso ao Pazo Provincial en Pontevedra. O escudo do concello de A Illa de Arousa era o único que faltaba por poñer xunto o resto de concellos na escalinata do pazo despois de oito anos de acadar o acordo plenario do municipio para a súa aprobación xunto coa bandeira. Así o recordou o alcalde, Carlos Iglesias, que sinalou que tras a segregación do concello de Vilanova e…

Read the full description

converterse no concello número 62 da provincia de Pontevedra, aprobouse en 2008 o escudo e a bandeira do seu concello. Nembergantes a pesares das demandas a anterior goberno da Deputación de colocación do seu escudo xunto o resto non foi nunca atendida. "Oito anos despois e cunha nova presidenta vemos o noso escudo xunto o resto, nun acto que pode parecer pouco importante, pero que realmente remata coa discriminación que sufría a Illa de Arousa do anterior presidente da Deputación de Pontevedra", sinalou Carlos Iglesias. Pola súa banda, a Presidenta Carmela Silva, reconoceu que foi unha das primeiras reclamacións do alcalde de A Illa tras a súa primeira xuntanza, e "me sorprendeu que non se dera unha resposta a algo tan sinxelo dende esta casa. Nesta Deputación faltaba un concello que non estaba presente". Silva sinalou que o novo goberno da Deputación ten no seu facer "o máximo ríspeto polos concellos da provincia e algo tan sinxelo de facer, pero tan importante para a dignidade do concello de A Illa, estivera sen facer".

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.