Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS FURTIVOS ESTAN A ACABAR COAS ZONAS DE MARISQUEO DE A ILLA DE AROUSA
Os ataques de furtivos están a acabar coas zonas de marisqueo da Illa de Arousa. Esta é parte da situación que a Confraría de A Illa de Arousa denunciaba esta mañá tras un último operativo contra o furtivismo despregado durante a noite no que foron identificados dous veciños da Illa con dous capachos cheos de ameixa. Segundo o patrón maior do pósito, Juan José Rial, a situación estase agravando. I e que os grupos de furtivos, formados por unha ducia de veciños do municipio, contan agora con colaboradores de alto poder adquisitivo que lles axudan a ter controlados os coches de vixiancia da…
Read the full description
confraría para acceder as mareas. Todo elo supón a maiores un elevado custe e un esforzo económico da confraría para manter o sistema de vixiancia. Por eso, o patrón maior reclama maior contundencia xudicial e sentencias que decreten ingreso en prisión porque se non “non hai maneira de paralos”. Así o explicaba Juan José Rial nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.