Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS TOUROPERADORES ALEMANS QUEDAN CONVENCIDOS DAS POSIBILIDADES TURISTICAS DO SALNES.
Os touroperadores alemáns que estes días visitaron a comarca do Salnés, convidados pola Mancomunidade do Salnés, venderán en Alemaña as potencialidades turísticas da comarca. Tras unha estadía de tres días visitando os diferentes municipios do Salnés, os profesionais do sector turístico xermano quedaron gratamente sorprendidos pola paisaxe da nosa comarca, a gastronomía a cultura e o trato humano. Os 4 touroperadores remataron no Grove a súa estadía cunha reunión de traballo celebrada no Obradoiro de Emprego de Hostalería de A Lanzada, con representantes políticos e socias da comarca…
Read the full description
Estiveron presentes o Presidente da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Durán, e os alcaldes de O Grove, Miguel Pérez, Sanxenxo, Catalina González, Ribadumia, Salomé Peña e Meaño, Lourdes Ucha. En representación das asociacións, encontrábanse o CETS (Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo) AHITUVI (Asociación de hosteleros e iniciativas turísticas de Vilagarcia), EMGROBES ( Asociación de empresarios de o Grove de bens e servizos), A Asociación de Hostelería de O Grove e a Asociación de comerciantes Cambados Zona Centro. Trala conclusión do encontro en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falabamos sobre todo elo co presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, nesta entrevista de Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.