Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UN NOVO ENTRAMADO EMPRESARIAL COMPLICA A SITUACION DA RESIDENCIA VALLE INCLAN
A situación laboral da Residencia Xeriátrica Valle Inclán de Vilanova empeza a escribir outro capítulo. I e que Nurtime, a empresa que nestes momentos se está a facer cargo da xestión do xeriátrico entrou en concurso de acreedores o pasado venres 12 de setembro. Segundo o sindicato CIG no entramado empresarial de xestión da residencia figura agora dende o pasado maio a sociedade Euroconsultores Sociosanitarios, que actualmente é a que recibe os pagos dos residentes para que non poidan ser embargados xudicialmente da contabilidade de Nurtime. Ademáis, o sindicato CIG alerta de que…
Read the full description
Euroconsultores, na que tamén participa Rodríguez Janeiro, antigo xerente da residencia, opta ó concurso das 50 plazas que licita a Xunta de Galicia para concurrir á xestión do centro vilanovés. Trátase, segundo o sindicato nacionalista, dunha empresa que carece de persoal, de oficinas e de instalacións para asumir esas plazas. Neste sentido a CIG censura a actitude da Xunta por mirar cara outro lado e permitir o seu acceso ó concurso público de adxudicación das plazas. Son os datos revelados esta mañá por representantes da CIG e de CCOO na sede do sindicato nacionalista e que Alba Piñeiro recolleu para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.