Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS HOSTELEIROS DE RIBADUMIA ORGANIZAN UNHA CABALGATA SOLIDARIA DE PAPA NOEL
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os hosteleiros de Ribadumia organizan a primeira Cabalgata Solidaria de Papa Noel para iluminar o Nadal das familias desfavorecidas do municipio. Papa Noel chegará á vila o vindeiro martes 24 de decembro e pola mañá visitará os locais de hostelería e comercios colaboradores. Xa pola tarde terá lugar o desfile que sairá ás 16:30 dende á rotonda de Os Castaños, pasará por Cruceiro Vello e rematará na Praza do Concello. Na parte solidaria, os locais de hostelería e comercios porán á venda rifas por 1 euro para participar no sorteo de cestas de Nadal que…
Read the full description
se realizará ao remate da Cabalgata. Todo o recadado será distribuido entre as 20 familias que están sendo atendidas polos servizos sociais do concello. Nolo contaban esta mañá o alcalde de Ribadumia, David Castro, e dous dos hosteleiros organizadores, Rubén Cores e Jesús Pintos, na presentación da Cabalgata.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.