Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A D.O RIAS BAIXAS AFRONTA UNHA NOVA VENDIMA EN PLENO CAMBIO DO MODELO PRODUCTIVO
A DO Rías Baixas afronta a vendimia en pleno cambio de modelo produtivo, coas expectativas de colocar no mercado entre 20 e 22 millóns de litros e ofrecendo entre 20.000 e 30.000 xornais de traballo perante a súa duración. Así o manifestaron os presidentes da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e do Consello Regulador da DO Rías Baixas, Juan Gil, despois dunha xuntanza de traballo celebrada hoxe no Pazo Provincial. Louzán lembrou que o sector é clave na economía provincial pois implica a 200 bodegas e 7.000 familias viticultoras. Según él, hoxe _cando a DO cumpre 25 anos da súa…
Read the full description
constitución_ afronta un cambio de modelo produtivo ao pasar de ser un sector minifundista (que ainda conta con 5.500 produtores) a dispór xa de máis de 400 que contan con máis de 2 hectáreas en producción. O presidente da Deputación informou que en vindeiros días a institución provincial renovará o convenio coa DO para dar continuidade as accións da Ruta do Viño Albariño que conta con 100 asociados e supón un elemento promocional e turístico de primeiro orde, sobre todo en canto ao turismo enogastronómico.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.