Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ASINADO O NOVO CONVENIO DE URBANIZACION DE LUIS ROCAFORT
Deputación e Concello de Sanxenxo asinaron esta mañá o novo convenio de reurbanización da avenida Luís Rocafort trala rescisión do contrato coa empresa Dragados que ía a executar a reforma proxectada polo anterior goberno provincial. Agora, a Deputación volverá licitar o proxecto co obxectivo de adxudicalo canto antes e que a obra poida iniciarse despois da tempada estival. O prazo de execución contemplado é de 12 meses. O novo deseño terá un custo de 1,6 millóns de euros, importe superior ao anterior, debido a que se aumentou nun 30% a superficie de actuación, que agora abarca a totalidade…
Read the full description
da rúa e co que ambas administracións agardan que se resolvan os problemas de mobilidade e seguridade viaria. O proxecto inclúe tamén a conexión coa estrada autonómica PO-308, polo que se descarta a opción de construír un túnel como considerara o anterior goberno provincial. Ademais a urbanización da rúa atenderá aos novos criterios de calidade contemplados no decálogo da Deputación, que inclúen a revisión de todos os servizos, así como numerosas medidas de seguridade e mobilidade peonil. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións da Presidenta Carmela Silva e do Alcalde, Gonzalo Pita, tralo acto de sinatura do convenio.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.