skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Comeza a mellora do vial de acceso as depuradoras de cambados

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados iniciou as demandadas obras de mellora do vial de Tragove que da acceso ás depuradoras, cuxa execución se demorou máis do previsto por complicacións nos trámites administrativos. A actuación, que saiu a licitación cun prezo de 98.000 euros con cargo ao Plan Concellos, foi adxudicada a empresa Nemesio Ordóñez por importe de 67.600 euros, ive engadido. Segundo explica o Concelleiro de Obras e Servizos, Samuel Lago, a diferencia vaise destinar a outros asfaltados que se executarán en diversos viais do municipio. O prazo de…

Read the full description

execución dos traballos é de 20 días pero o Concello estima que é previsible que rematen antes do período fixado. "Os traballos prolongaranse durante varios días e provocarán pequenos cortes debtráfico que se faran de xeito escalonado para minimizar o seu efecto na medida do posible" indica o edil. O asfaltado leva unha capa de aglomerado máis grosa do habitual e de alta resistencia debido a que o vial soporta un importante volume de tráfico de vehículos pesados. Para o Concello é unha obra de gran importancia porque cumple cunha antiga demanda dos empresarios da zona, xa que o vial, ata agora de terra, poñíase impracticable coas chuvias do inverno, ademáis dos numerosos socavóns existentes. Ademáis, deste xeito o goberno municipal aforrará un importante gasto en mantemento xa que non terá que estar acondicionando permanentemente o camiño con maquinaria.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.