skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS APOSTA POR UN NOVO IRMANAMENTO COA CIDADE DE MEXICANA DE APODACA.

A Mancomunidade do Salnés continúa coa súa busqueda de expansión turística e empresarial por terras mexicanas. Agora o novo paso a seguir pola entidade comarcal trala súa viaxe a Aguascalientes é a negociación dun irmanamento con outra cidade mexicana. Trátase da cidade de Apodaca, que integrada no departamento de Monterrey no estado de Nuevo León. É unha das cidades con maior crecemento económico de America e conta coas empresas máis importantes do sector da tecnoloxía, ademáis de ter a maior porcentaxe de persoas en activo, un 96%. Ainda que todavía o acordo non esta pechado, dende a…

Read the full description

Mancomunidade do Salnés mostranse moi interesados neste irmanamento e confían en que finalmente se leve a cabo a unión. Sen embargo, nesta ocasión o ente comarcal considera que este acordo é demasiado importante e necesitarían a colaboración da Xunta de Galicia para así aumentar as posibilidades de negocio cara o resto de Galicia. Unha nova unión con México que forma parte das negociacións que a Mancomunidade do Salnés puxo en marcha durante a súa viaxe á cidade azteca de Aguascalientes, na que tamén conseguiron impresionar ós visitantes da Feira agropecuaria de San Marcos co video promocional do turísmo de O Salnés. Por parte dos empresarios que tamén participaron nesta viaxe, aínda non conseguiron pechar ningún acordo empresarial debido ós poucos días que durou a viaxe, pero sí descubriron que en México teñen posibilidades de negocio, polo que esperan poder volver a cruzar o atlántico nos vindeiros meses para seguir adiantando ás negociacións e, se cadra, convir algún convenio empresarial. Son datos que o Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, ofrecía na rolda de prensa convocada esta mañán para facer un balance oficial desta misión promocional. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nolo contaba en directo Gonzalo Durán nunha conversa con Alba Piñeiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.