Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VALGA DA POR FINALIZADA A XESTIÓN DO GRUPO DE EMERXENCIAS A PARTIR DO DÍA 31 DE DECEMBRO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Valga dará por finalizada este próximo 31 de decembro, ás 24 horas, a xestión do Grupo de Emerxencias Supramunicipal ubicado nesta localidade e que presta servizo, tamén, aos concellos de Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis e Portas. Así llo comunicou o Concello á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, á Deputación Provincial de Pontevedra e á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), solicitándolles que coa máxima urxencia se convoque unha reunión entre estes tres organismos e os municipios afectados co fin de decidir unha…
Read the full description
nova ubicación para o servizo. Ademais, tendo en conta que Valga é o municipio da comarca máis afastado dos servizos de emerxencias, o goberno local tamén solicíta á Deputación que a partir do día 1 de xaneiro de 2020 se faga cargo da xestión. O alcalde de Valga, Bello Maneiro, explicaba esta mañá os motivos da finalización da xestión argumentando que non se cumpliron as expectativas postas no servizo. Por outra parte, comunícase aos veciños que entre os días 21 e 25 de decembro, ambos incluídos, non haberá servizo de emerxencias no turno de tarde (de 14 a 22 horas) debido a falta de persoal, polo que ante calquera incidencia deberán chamar ao 112.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.