Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PON EN MARCHA O CICLO DE TEATRO INFANTIL
Cambados celebra o ciclo de treatro infantil con catro espectaculos teatrais e musicais no Auditorio da Xuventude. As funcións, organizadas polo AGADIC e o concello de Cambados, celebraránse os domingos ás 18:00 horas e o custe das entradas serán de 3.5 euros a normal e 2.5 euros a reducida. A primeira obra de teatro que se reprentará o vindeiro domingo 18 de xaneiro será "Aurora", un espectaculo da compañía "Elefante Elegante", que mistura teatro e videocreación e no que un aviador encontranse coa raíña das curuxas. O domingo 25 será o turno da obra de teatro "Roedores" da compañía "Redrum…
Read the full description
Producciones", e que trata das aventuras de un hámster e unha rata, fomentando a igualdade e o valor da amizade. Xa o domingo 1 de febreiro a compañía "Abrapalabra Creacións Escénicas" representará a peza teatral "Ra, ra, ra" na que os actores farán que as rás aprendar a cantar. E para finalizar, o domingo 8 de febreiro, o auditorio da Xuventude de Cambados acollerá o espectáculo musical "Xique, xoque, fiú, fiú" da man de María Fumaça, no que os nenos poderán disfrutar da viaxe nun tren no que o ambiente é sempre de festa e no que haberá moita música. Este ciclo de teatro infantil foi presentado este mediodía no Auditorio da Xuventude de Cambados polo alcalde, Luis Aragunde, xunto cos representantes das compañías que participan nesta mostra.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.