skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

20 DESEMPREGADOS TRABALLARAN NA RECUPERACION DE 7 MUIÑOS DO SALNES

A Mancomunidade do Salnés e a Xunta de Galicia poñen en marcha o obradoiro de emprego de recuperación Muiños do Salnés. Unha iniciativa coa que se trata de rehabilitar un conxunto de 7 edificacións ubicadas dúas en Currás, en Vilanova, unha en Simes, en Meaño e as restantes en Dorrón e Bordóns. en Sanxenxo. Todos estes muiños se encontran en pésimo estado de conservación, polo que a Mancomunidade pretende consolidar a súa estructura e poñelos en valor, como se fixo xa noutros puntos da comarca como na Ruta da Pedra e da Auga de Meis e Ribadumia. O obradoiro de emprego de recuperación dos…

Read the full description

Muiños comezará o 26 de setembro no taller de A Pastora en Cambados. 20 alumnos participarán nos dous módulos de formación, carpinteiría e canteiría, durante 6 meses, recibindo unha aportación económica do salario mínimo interprofesional polo seu traballo. O obradoiro de emprego de rehabilitación dos muiños preséntouse esta mañá en Cambados, coa presencia do xefe Territorial de Traballo, Ignacio Rial; as alcaldesas de Cambados e Meaño, Fátima Abal e Lurdes Ucha; e concelleiros de Sanxenxo e Vilanova, ademáis do Xerente da Mancomunidade, J. Ramón Gª Guinarte. Todos eles daban a benvida aos alumnos participantes. Así o recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.