Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VilagarcÍa chega a 54 edicion do concurso da camelia
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía tamén adicará unha fin de semana á flor por excelencia no Salnés coa 54 edición do Concurso Internacional da Camelia. A cita terá lugar o 10 e o 11 de marzo na Praza da Peixería e reunirá a unha ducia de expositores que amosarán as súas camelias aos numerosos visitantes que se espera en Vilagarcía e en Rubiáns. Cómo novidade este ano o exterior da Praza de Peixería acollerá un desfile de moda do deseñador carrilexo Franco Quintáns, e un concerto de clausura da Banda de Música de Vilagarcía. Entre as actividades organizadas polo concello…
Read the full description
tamén está un Concurso-Exposición de Fotografía da Camelia ao que se presentaron 94 fotografías, e ademáis se celebrará un concurso de ornamentación de Escaparates, no que polo momento so están anotados 4 comercios e o prazo de inscripción remata o 8 de marzo. Non faltarán tampouco as visitas guiadas gratuitas ao Pazo de Rubiáns, con inscripción previa en protocolo@vilagarcia.gal e a X Exposición da Camelia no centro sociocultural de Rubiáns que organiza a A.C. O Souto. Así o contaban está mañá en rolda de prensa, a Concelleira de cultura, Sonia Outón, o edil de comercio Lino Mouriño, o de turismo, José Antonio Pérez Callón, e o Presidente da A.Cultural O Souto de Rubiáns, Xurxo Abuín, que, por certo, facía mención á proliferación de mostras de Camelia na comarca nos últimos anos e a mala situación da flor debido ao clima das últimas semanas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.