Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CONCENTRACION DAS TRABALLADORAS DE BERSHKA EN ARTEIXO FORZA A REANUDACION DAS NEGOCIACIONS
As traballadoras de Bershka de Vilagarcía, xunto coas súas compañeiras de Pontevedra e Vigo, trasladáronse hoxe á sede de Inditex en Arteixo nun día en que cumpren unha semana de folga indefinida. As empregadas concentráronse ante as instalacións da firma téxtil despois de que onte decidiran en asemblea continuar coas mobilizacións. Durante a concentración, recibiron a proposta da empresa de reanudar as negociacións nun encontro que se celebra esta tarde, e do que dependerá a continuidade do paro. As empregadas desta firma de Inditex consideran insuficiente a proposta económica da empresa de…
Read the full description
abonarlles o plus de 80 euros que cobran as súas compañeiras da Coruña pero non o de 50 euros. Si se chegou a acordo noutras reivindicacións, como o aumento do tempo de descanso, lactación, vacacións, licenzas e permisos ou incapacidade permanente. De todo elo falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Rocío Perez Ameijeiras, delegada da CIG en Vilagarcía.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.