skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA A 13 EDICIÓN DA FESTA DE EXALTACIÓN DA VIEIRA.

Durante os días 18, 19 e 20, Cambados convértese de novo na capital da vieira i e continuando coa tradición celebráse a décimo terceira edición da Festa de Exaltación da Vieira. A carpa de degustación volverá a situarse na Paseo da Calzada, pero nesta edición haberá outros cambios importantes, xa que non será un cátering o encargado de ofrecer ás comidas, senón que esta ocasión, os pratos á venda estará elaborados por tres chefs de renome dos restaurantes cambadeses, Ribadomar, Pandemonium e a Taberna do Trasno. Os visitantes poderán degustar a vieira preparada de maneira tradicional pero…

Read the full description

tamén haberá outras formas de elaboración máis moderna para quen queira probar outros sabores da vieira. Na carpa de degustación, o restaurante Ribadomar preparará ás vieiras ó forno tradicionais e a empana de vieira, o restaurante Pandemonium ofrecerá un guiso mariñeiro de vieiras, e arroz seco de vieiras e verduras, e a Taberna do Trasno elaborará unha ensalada de vieiras, e vieiras gratinadas con queixo de Arzúa. O prezo da ración de dúas vieiras será de 8 euros e a carpa permancerá aberta durante o venres, o sábado e o domingo de 12:00 a 17:00 e de 20:00 a 01:00 aproximadamente. A inaguración da carpa de degustación da Vieira será o venres ás 13:00 horas. Ademáis de probar ás vieiras, o concello tamén organizou outras actividades para os visitantes, como unha exhibición de judo, un concerto de música cubana e visitas marítimas guiadas para coñecer de preto a cría da vieira. Son datos que revelaba o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, na rolda de prensa de presentación da Festa da Vieira na que estivo acompañado dos chefs Tonino Botana e Antonio Ribadomar e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.