skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PIDESE A COLABORACION CIDADA NA BUSCA DO AUTOR DA BRUTAL AGRESION A UNHA CADELA NO ENTORNO DA PONTE DA ILLA

O Refuxio de Animais de Cambados pide a colaboración da cidadanía para dar co paradoiro dos autores do atropelo e brutal agresión a unha cadela nas inmediacións da ponte de A Illa. Trátase de dous homes, duns 35 anos de idade, conductor e copiloto dun coche gris, con matrícula antiga e modelo que podería corresponderse cun Peugeot 206 antigo. Segundo as testemuñas, o copiloto, un varón de melenas, contemplaba os feitos mentres o conductor agredía brutalmente ó animal cun obxecto sen identificar Parece ser que non son de A Illa, pero poden ser da zona. Con estes datos a Protectora de Animas…

Read the full description

agarda que algúen poida aportar algunha pista máis sobre o seu paradoiro e que llo trasladen ó Refuxio ou ben directamente ós axentes do Seprona da Garda Civil. De feito, o Seprona abriu unha investigación sobre o acontecido e busca ó responsable como autoru dun delicto de maltrato animal, penado con multas de 3.000 euros ou máis e mesmo prisión. Olga Costa, a presidenta da Protectora, nos explicaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, que a cadela está recuperándose e evoluciona ben tras ser operada por fractura de fémur e cadeira para que poda volver a andar. Agora, a pesar de ter dono, búscase un novo fogar para Perla, que así a deron en chamar, xa que o propietario que consta no chip non se interesou por ela. Así nolo contaba Olga Costa nesta conversa en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.