skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

FERIA DE OPORTUNIDADES EN CAMBADOS OS DIAS 14, 15 e 16 DE AGOSTO

A ascociación de comerciantes de Cambados celebrará un ano máis a Feira de Oportunidades os días 14, 15 e 16 de agosto no Paseo da Calzada. Nesta feira participarán 28 comercios de Cambados pero tamén de outras zonas como Riveira e poderase atopar diferentes productos como calzado, roupa, complementos e productos de deportes e náutica, con descontos que rondarán o 50%. A feria de Oportunidades de Cambados estará aberta durante os 3 días de 11:00 da mañá a 23:00 horas da noite. A función deste evento é a promoción do comercio local e a liquidación de stock, pero ademáis este ano, o concello de…

Read the full description

Cambados celebrará un festival de musica o venres 14 para amenizar a noite e colaborar coa asociación Esperanza Salnes. Os concertos gratuitos serán a cargo do grupo barcelonés “A Cámara Lenta” que comezará a súa actuación ás 22:00 horas e do grupo madrileño “Modestia Aparte” que teñen previsto comezar ás 23:15 horas. Durante os tres días de feira, venderánse rifas tamén a favor de Esperanza Salnés, e haberá un sorteo o domingo 16. En canto a situación da asociación Esperanza Salnés, o seu presidente Augusto Chaves, asegura que o seu futuro é incerto xa que a súa situación economica é moi delicada e o presuposto que agora teñen previsiblemente so lles chegará ata o mes de outubro ou novembro. Ó respecto, o Concello de Cambados, incrementará a súa axuda a Esperanza Salnés, que na anterior lexislatura era de 7.500 euros. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos a presentación da Feira de Oportunidades, en palabras do Presidente de Zona Centro, Juan Rey, o concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, e o Presidente de Esperanza Salnés, Augusto Cháves.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.