skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O HOSPITAL DO SALNES REALIZA DENDE MAÑA A INSCRICION TELEMATICA DOS RECEN NADOS

O Hospital do Salnés poderá efectuar dende mañá a solicitude de inscrición telemática no Rexistro Civil dos bebés recén nados no centro sanitario arousán. Deste xeito, o centro comarcal súmase a Pontevedra no proxecto posto en marcha o pasado xullo polo Estado, sendo de momento os hospitais da Area Integrada Pontevedra-Salnés os únicos con este servizo en Galicia, que se irá implementando paulatinamente no resto de centros sanitarios públicos e privados. Ata o de agora, os pais dos recén nados debían acudir ó Rexistro Civil para inscribir ós seus fillos, pero agora os trámites de solicitude…

Read the full description

poden realizarse no mesmo hospital, que será o encargado de remitir a documentación necesaria ó rexistro. Os trámites serán gratuitos e voluntarios e bastará con presentar o certificado médico de nacemento que facilitan no mesmo hospital e os documentos de identidade dos pais e declarantes. Eso sí, o prazo de presentación é de 72 horas dende o momento do alumbramento. Nos hospitais públicos de Pontevedra o servizo comezou o pasado 15 de outubro e xa se levan rexistrados telemáticamente o 75% dos nacementos. No Hospital do Salnés comezará mañá a aplicarse mediante un sistema informático específico que esta mañá presentou o director de Procesos Asistenciais da Area de Xestión Integrada Pontevedra e O Salnés, Jose Antonio Ortigueira Espinosa, acompañado polo xerente executivo do Hospital comarcal, Bibiano Fernández-Arruti López. Ambos explicaban os detalles do novo sistema, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.