Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS SAE PERXUDICADO NO PLAN DE TRANSPORTE DA XUNTA, SEGUNDO SOMOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Grupo Municipal de Somos Cambados presentará alegacións ao anteproxecto do Plan de Transporte de Viaxeiros por Estrada, elaborado pola Xunta de Galicia e que actualmente está en exposición pública. Ademáis tamén trasladará as súas reclamacións ao grupo de En Marea no Parlamento de Galicia. Somos Cambados considera que a vila do albariño queda desamparada e ao marxe da proposta da Xunta, tal como afirmaban esta mañá Tino Cordal e Xurxo Charlín. Os concelleiros de Somos entenden que Cambados debería integrarse na liña que o Plan da Xunta establece…
Read the full description
entre O Grove-Sanxenxo e Vigo, incrementando ao tempo deste xeito os usuarios da mesma a priori deficitaria económicamente. Asimesmo, lamentan que a vila do albariño non conte cunha liña circular polas parroquias como sí vai ser o caso de O Grove e creen que neste caso Cambados tamén sae perxudicado ao ter que facer uso dos escasos servizos de transporte escolar. Os concelleiros de Somos animan ao resto de grupos da comarca a presentar as súas propias alegacións ao Plan de Transporte da Xunta que divide ao Salnés en tres áreas: Sanxenxo-O Grove-Poio, Cambados-Meaño e Vilagarcía-Vilanova-Catoira.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.