skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS ALUMNOS DO MAGARIÑOS DE CAMBADOS COMEZAN O CURSO CON COLEXIO RENOVADO

O curso escolar comezou esta mañá. Case 9.000 nenos de educación infantil e primaria do Salnés e Baixo Ulla, prácticamente a mesma cifra no Barbanza, e 14.000 na comarca de Pontevedra, regresaron ás aulas nun inicio de curso que, segundo Educación, produciuse sen ningún tipo de anomalía. Nesta primeira xornada escolar, o Delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, estiveron en Cambados. Concretamente no Colexio Magariños para supervisar as obras financiadas pola Administración autonómica. Xunto a eles estiveron por parte do goberno local…

Read the full description

os concelleiros de Obras e Sevizos, José Ramón Abal, e os edís Xurxo Charlín e Tino Cordal. Segundo os datos facilitados por Cores Tourís, a Xunta investiu arredor de 300.000 euros nos dous últimos anos en reformas do CEIP Magariños, que incluen o cambio peches, pistas, cuberta, biblioteca e comedor. Por parte do goberno local, o concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, destacou que todavía quedan pendentes pequenas obras de mellora nos outros centros, como o cambio de ventanas e teitos, que se irán solicitando a medida que se precisen. Neste sentido, agardan contar coa colaboración das administracións como ata o de agora. Referencias educativas no primeiro día de escola no CEIP de Magariños que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.