Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A evolucion dos contaxios favorece ao salnes, con menos restriccions que o barbanza
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía As decisións do comité clínico que asesora á Xunta constatan notables diferencias sobre a evolución epidemiolóxica entre as dúas marxes da ría de Arousa. No Barbanza, o Concello da Pobra regresará a partir deste sábado ás máximas restriccións, tras dispararse os contaxios nos últimos días, cunha incidencia acumulada de 483 por 100.000 habitantes a 14 días e 45 positivos detectados nese período. Ademáis, Ribeira sigue no nivel alto e Boiro e Rianxo no medio. Ben distinta está a ser a evolución de Cambados e Vilanova, tras pasar ambos polas máximas restriccións…
Read the full description
No caso de Vilanova, ten a día de hoxe 17 casos activos cunha incidencia acumulada a 14 días de 127 pero a 7 días xa está por baixo dos 25 casos por 100.000 habitantes. En canto á vila do albariño, conseguiu diminuir os contaxios en tempo record, de 95 casos a 38 en apenas 11 días. A alcaldesa Fátima Abal agradece o comportamento da cidadanía e apela a seguir co cumprimento das normas para evitar novas restriccións cara a tempada estival que se achega. Neste sentido, o Concello de Cambados recuperará no mes de xuño as actividades culturais das Letras Galegas que tiveron que quedar aprazadas a consecuencia das máximas restriccións e o Concelleiro de Cultura, Tino Cordal, avanza tamén as previsións para o verán. No resto da área sanitaria, Moraña seguirá uns días máis no nivel alto de restriccións, a onde tamén ascende Ponte Caldelas, mentres que Cuntis e Valga descenden ao nivel baixo, onde continuarán os demáis municipios da área.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.