skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O COLEXIO DE CARRIL EMPEZA O CURSO CON TELLADO NOVO E A PREVISION DE NOVAS ACTUACIONS

O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, supervisou esta mañá as obras de mellora da cuberta do colexio de Carril. Unha actuación moi demandada por parte da comunidade escolar e realizada por un importe de 55.000 euros aportados pola Xunta, aos que se engaden 25.000 máis que achega o Concello para a mellora doutras instalacións no centro. Trátase, en todo caso, dunha primeira fase de melloras do centro, xa que a Consellería de Educación ten previsto realizar outras actuación nas dependencias do centro, como é o caso da reforma dos baños. O resultado das obras contentan ó goberno local…

Read the full description

ainda que o alcalde Tomás Fole asume que as instalacións necesitan novas melloras, debido ós moitos anos sen mantemento. E sobre a polémica da retirada do amianto, que segundo denunciou o grupo municipal de Esquerda Unida se mantivo amontonado en contenedores, o Conselleiro dixo que o seu departamento está a espera dos informes técnicos, pero adianta que todo se fixo segundo a lei. Impresións dunha visita que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.