skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS TINXESE DE AZUL POLO AUTISMO ESTE VENRES

Un de cada 80 nenos que nacen é autista e en todos os colexios da comarca de Arousa hai un pequeno que sufre este trastorno neurolóxico, derivado en moitos dos casos por problemas medioambientais, ademáis de xenéticos. Son datos que revelaba esta mañá a presidenta da Asociación Por Dereito, Cuca da Silva, na presentación en Cambados da programación que se vai por en marcha con motivo da conmemoración do Día do Autismo. Unhas xornadas moi especiais que se veñen desenvolvendo nos últimos seis anos en Cambados, coa colaboración do Concello, como mostra de apoio ó colectivo social. A Semana Azul…

Read the full description

deste ano anticípase a este venres 27 de marzo, por mor da celebración da Semana Santa. A programación, que pon en marcha a Asociación Por Dereito en colaboración con Bata, iníciase cun fermoso acto na Praza de Asorey (19 horas) que inclúe a lectura dun manifesto e a actuación dos Quinquilláns co seu espectáculo “Porque é salgada a auga do mar?” , do programa Ler conta moito das bibliotecas municipais. E como colofón terá lugar a iluminación da escultura de Asorey A Naiciña, uníndose ó movemento mundial Light it up blue! promovido pola comunidade Autism Speaks co que monumentos destacados de todo o mundo tínxense de azul apoiando a inclusión de persoas con autismo. Todo elo explicábao esta mañá a presidenta de Por Dereito, Cuca da Silva, no acto de presentación acompañado polo representante do grupo Os Quinquilláns, Lucho Penabade, e o alcalde Luis Aragunde.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.