Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

INICIAN UNHA CAMPAÑA PARA FREAR A EMIGRACION GALEGA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A plataforma nacionalista Vía Galega, integrada por máis de 60 organizacións presentou esta mañá en Vilagarcía unha nova campaña baixo o lema "Non emigramos, expúlsannos" con concentracións en 46 concellos de Galicia, entre eles Vilagarcía e Pontevedra. Esta plataforma esixe á Xunta de Galicia que asuma a emigración galega como unha emerxencia social e nacional. Reclaman tamén que se constitúa no Parlamento de Galicia un relatorio sobre a emigración do país para que ao longo de cinco meses estude e propoña medidas e políticas necesarias para poñer…
Read the full description
freo a esta situación. Dentro desta campaña tamén presentaranse mocións en todos os concellos, un manifesto, vídeos, charlas nas universidades e rematará o 14 de decembro cun acto en todas as vilas e cidades para reclamar traballo digno na terra, e denunciar que "non marchamos, que nos expulsan e que precisamos acabar con este gravísimo problema". O BNG de Vilagarcía e a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés súmanse a esta demanda e fan un chamamento á cidadanía a que se unan á concentración do día 14 en Vilagarcía coa lectura do manifesto ás 12 do mediodía na Praza de Galicia. Así o explicaban o representante dos Emigrantes Retornados, Xoán Xosé Leirós e a portavoz do BNG de Vilagarcía, Lucía Veloso, acompañados de Samuel García de Galicia Nova Salnés.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.