Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CARSA FABRICARÁ ESTE ANO 50 UNIDADES DO NOVO MODELO STELLAE
A emblemática empresa vilagarciá de fabricación de autocares , Carsa, inaugurou esta mañá as obras de reforma e ampliación que se desenvolveron nas súas instalación de Bamio nos últimos meses, cun investimento de preto de un millón de euros. Carsa leva dende os anos 50 do pasado século implantada en Vilagarcía, e a consecuencia da crise, veuse inmersa no 2011 en una serie de expedientes de regulación que concluiron con despidos pactados e prexubilacións. Agora, un investimento próximo ó millón de euros permitirá a Carsa, pertencente actualmente ó grupo Castrosúa, mellorar a súa…
Read the full description
competitividade centrándose na fabricación das carrocerías do modelo de autobuses Stellae. A previsión é que as instalación de Bamio fabriquen este ano 50 unidades deste modelo de transporte interurbano, que se sumarán as 315 que saldrán de todo o grupo no 2015, o que representaría máis de 37 millons de euros de facturación. Obxectivos dun novo escenario de futuro que destacaba esta mañá o director de Carsa, Juan Luis Castro, durante o acto inaugural que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. No acto de inauguración das instalación estivo presente o conselleiro de Industria, Francisco Conde, que tamén facía un recoñecemento ó traballo e aposta polo futuro de Carsa.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.