Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A FEIRA ECOLOGICAL VOLVE A CAMBADOS ENTRE O 6 E O 9 DE AGOSTO
O Goberno local de Cambados porá en marcha a partir do outono unha campaña de recollida semanal do cartón procedente dos comercios para a súa reciclaxe. O equipo de goberno recolle así unha proposta que lle foi trasladada dende os comerciantes da localidade co fin de mellorar o medio ambiente. A iniciativa anunciábaa hoxe o Concelleiro de Mercados, Xurxo Charlín, no marco da presentación da Terceira Feira Ecological de Galicia, que de novo se celebrará en Cambados entre o 6 e o 9 de agosto para incentivar á producción e comercialización dos productos ecolóxicos en Galicia. Durante esa fin de…
Read the full description
semana, empresas procedentes de diferentes partes de España estarán presentes nos stands que se ubicarán no Paseo da Calzada expoñendo todo tipo de mostras sobre productos e materiais ecolóxicos. O obxectivo é ensalzar o producto ecolóxico, fomentando a súa proxección e comercialización, ademáis de resaltar que “por ser ecolóxico non ten porque ser máis caro”. Ademáis, tamén se celebrarán catas e ponencias para dar a coñecer as posibilidades dos productos ecolóxicos, como a que impartirá o venres 7 Santiago Pérez, da Finca los Cuervos, de Teo, que falará sobre o seu modelo de negocio e novas formas de desenvolver unha empresa agrícola. E o sábado 8, o experto Lolo Andrade falará sobre os bosques comestibles, unha forma de rendibilizar o monte aumentando a diversidade, protexendo ó tempo a flora e a fauna existente. Os detalles desta Terceira Edición da Feira Ecological de Galicia ofrecíanos hoxe o Concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, e Patricia Ibarra, responsable de Gestievent, empresa organizadora, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.