Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A XUNTA RESALTA COMO EXEMPLO DE EFICIENCIA A COMERCIALIZACION DA VIEIRA EN CAMBADOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Satisfacción na Confraría de Cambados e tamén na Consellería do Mar por cómo está resultando a decisiòn do pósito de asumir a evisceración da vieira capturada. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá a nave de Tragove onde se realizan os traballos de depuración e salientou que a confraría cambadesa constitúe un exemplo de eficiencia na comercialización da vieira, xerando maior valor engadido e incrementando os beneficios directos para a propia confraría. Tamén o patrón maior, Ruperto Pérez, destacaba a boa marcha desta iniciativa…
Read the full description
pioneira. A nave de descarga e eviscerado de moluscos da Confraría de Cambados foi posta en marcha cun investimento de preto de 1,3 millóns de euros por parte da Consellería do Mar e dunha axuda de 172.000 euros a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Arousa. As obras executadas consistiron na construción dunha nave de 1.460 metros cadrados que contan cunha zona de poxa, cunha sala de comisos e mostraxes, cámaras frigoríficas, almacéns, vestiarios despachos e un depósito de lixo. Nela atópase a planta de eviscerado de vieira que conta cunha zona para recepción e depuración do produto, outra para o procesado e eviscerado e outra para cámaras, envasado e expedición.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.